MELE02

 

MELE02 - Instalacións de telecomunicacións

Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MELE02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Montar e manter instalacións de telecomunicacións e audiovisuais, instalacións de radio-comunicacións e instalacións domóticas, de acordo coa normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, de xeito que se asegure a súa funcio-nalidade e o respecto ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En microempresas e en empresas pequenas e medianas, maioritariamente privadas, por conta propia ou allea, nas áreas de montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomu-nicación, instalacións de circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestruturas de redes de voz e datos, sonorización e megafonía, instala-cións de radiocomunicacións, sistemas domóticos e equipamentos informáticos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas, instalador/ora de antenas, instalador/ora de sistemas de seguridade, técnico/a en redes locais e telemática, técnico/a en instalación e mantemento de redes locais, instalador/ora de telefonía, instalador/ora montador/ora de equipamentos telefónicos e telemáticos, técnico/a en instalacións de son, instalador/ora de megafonía, instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos, técnico/a instalador/ora mantedor/ora de equipamentos informáticos, e técnico/a en montaxe e mantemento de sistemas de radiodifusión.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0359 Electrónica aplicada 266 10
MP0360 Equipamentos microinformáticos 133 5
MP0362 Instalacións eléctricas básicas 187 7
MP0363 Instalacións de megafonía e sonorización 160 6
MP0365 Instalacións de radiocomunicacións 107 4
MP0366 Formación e orientación laboral 107 4
MP0237 Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios 123 7
MP0238 Instalacións domóticas 123 7
MP0361 Infraestruturas de redes de datos e sistemas de telefonía 174 10
MP0364 Circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica 157 9
MP0367 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0368 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).