MHOT01

 

MHOT01 - Cociña e gastronomía

Familia: Hostalaría e turismo
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MHOT01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Executar as actividades de preelaboración, preparación, conservación, terminación e presentación, e servizo de todo tipo de elaboracións culinarias no ámbito da produción en cociña, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector de hostalaría, aínda que tamén poden traballar por conta propia en pequenos establecementos do subsector de restauración. En sectores e subsectores produtivos e de prestación de servizo onde se desenvolvan procesos de preelaboración, elaboración e, de ser o caso, servizo de alimentos e bebidas, como é o sector de hostalaría e, no seu seo, as subáreas de hotelaría e restauración (tradicional, moderna e colectiva). Tamén en establecementos dedicados á preelaboración e á comercialización de alimentos crus, tendas especializadas en comidas preparadas, empresas dedicadas á almacenaxe, ao envasado e á distribución de produtos alimentarios e outros.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Cociñeiro/a, xefe/a de partida, empregado/a de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0026 Procesos básicos de pastelaría e repostaría 240 9
MP0031 Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos 53 2
MP0046 Preelaboración e conservación de alimentos 240 9
MP0047 Técnicas culinarias 320 12
MP0049 Formación e orientación laboral 107 4
MP0028 Sobremesas en restauración 140 8
MP0045 Ofertas gastronómicas 87 5
MP0048 Produtos culinarios 350 20
MP0050 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0051 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).