MIMP01

 

MIMP01 - Estética e beleza

Familia: Imaxe persoal
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MIMP01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Aplicar técnicas de embelecemento persoal e comercializar servizos de estética, cosméticos e perfumes, cumprindo os procedementos de calidade e os requisitos de prevención de riscos laborais e protección ambiental establecidos na normativa.

 

En que ámbitos se traballa?
En medianas e pequenas empresas que teñen relación directa coa imaxe persoal, nomeadamente en establecementos do sector de servizos de estética e peiteado, e en xeral en establecementos relacionados coa venda de produtos de imaxe persoal, así como coa cosmética, desempeñando tarefas de execución de maquillaxe social, depilación mecánica, tratamentos básicos de hixiene, hidratación facial e corporal, estética de mans e pés, asesoramento sobre perfumes e cosmética natural, así como a comercialización dos produtos e os servizos estéticos, ofrecendo un servizo de atención á clientela da empresa. Podería ser persoal traballador por conta propia efectuando a organización da súa propia empresa.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a esteticista en centros de beleza e gabinetes de estética, maquillador/ora, técnico/a en uñas artificiais, técnico/a en depilación, técnico/a en manicura e pedicura, recepcionista en empresas estéticas, demostrador/ora de equipamentos, cosméticos e técnicas estéticas, axente comercial en empresas do sector, asesor/ora vendedor/ora en perfumarías e drogarías.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0633 Técnicas de hixiene facial e corporal 186 7
MP0634 Maquillaxe 160 6
MP0636 Estética de mans e pés 107 4
MP0638 Análise estética 107 4
MP0640 Imaxe corporal e hábitos saudables 133 5
MP0641 Cosmetoloxía para estética e beleza 160 6
MP0644 Formación e orientación laboral 107 4
MP0635 Depilación mecánica e descoloración da peluxe 140 8
MP0637 Técnicas de uñas artificiais 105 6
MP0639 Actividades en cabina de estética 157 9
MP0642 Perfumaría e cosmética natural 105 6
MP0643 Márketing e venda en imaxe persoal 70 4
MP0645 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0646 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).