MMAM01

 

MMAM01 - Carpintaría e moble

Familia: Madeira, moble e cortiza
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MMAM01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en fabricar elementos de carpintaría e mobles, realizando os procesos de mecanizado, montaxe, acabamento, almacenamento e expedición de produtos, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
Este profesional exerce a súa actividade nas industrias dedicadas á fabricación e a montaxe de moblaxe e elementos de carpintaría, e na aplicación de produtos de acabamento.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Operador/ora de máquinas fixas para fabricar produtos de madeira; operador/ora de prensas; operador/ora armador/ora en banco; montador/ora ensamblador/ora de elementos de carpintaría; vernizador/ora lacador/ora; responsable de sección de acabamentos.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0538 Materiais en carpintaría e moble 133 5
MP0539 Solucións construtivas 187 7
MP0540 Operacións básicas de carpintaría 240 9
MP0541 Operacións básicas de moblaxe 240 9
MP0542 Control de almacén 53 2
MP0548 Formación e orientación laboral 107 4
MP0543 Documentación técnica 140 8
MP0544 Mecanizado de madeira e derivados 158 9
MP0545 Mecanizado por control numérico en carpintaría e moble 105 6
MP0546 Montaxe de carpintaría e moble 87 5
MP0547 Acabamentos en carpintaría e moble 87 5
MP0549 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0550 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).