MMAM02

 

MMAM02 - Instalacion e amoblamento

Familia: Madeira, moble e cortiza
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MMAM02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Instalar elementos de carpintaría e estruturas de madeira e mobles, realizando os procesos de mecanizado, montaxe, axuste e acabamento, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas dedicadas á montaxe e a instalación de carpintaría e amoblamento, e á aplicación de produtos de acabamento para o retoque.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipos de carpinteiros de madeira, carpinteiro/a de armar en construción,carpinteiro/a en xeral, carpinteiro/a de decorados, ebanista e traballador/ora asimilado/a,montador/ora instalador/ora de mobles, fabricante de estruturas de madeira e pezas de carpintaría e ebanistería para a construción.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0538 Materiais en carpintaría e moble 133 5
MP0539 Solucións construtivas 187 7
MP0540 Operacións básicas de carpintaría 240 9
MP0541 Operacións básicas de moblaxe 240 9
MP0542 Control de almacén 53 2
MP0782 Formación e orientación laboral 107 4
MP0778 Planificación da instalación 140 8
MP0779 Instalación de moblaxe 87 5
MP0780 Instalación de carpintaría 210 12
MP0781 Instalación de estructuras de madeira 140 8
MP0783 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0784 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).