MMAP01

 

MMAP01 - Cultivos acuícolas

Familia: Marítimo-pesqueira
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MMAP01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar as actividades destinadas á produción de especies acuícolas e o mantemento básico das instalacións, conseguindo a calidade operacional requirida e cumprindo a normativa de aplicación, a ambiental e a de prevención de riscos laborais.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas de acuicultura, acuarios, centros de investigación e confrarías de mariscadores, nas áreas de produción de cultivos auxiliares, produción de peixes, d moluscos, e na de mantemento de instalacións acuícolas, por conta propia ou por conta allea.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Traballador de cultivos de fitoplancto e zooplancto, crustáceos, peixes de engorde en augas de mar e continentais, moluscos no medio natural, en estruturas flotantes ou somerxidas e en parque, en reprodución de crustáceos e peixes en augas mariñas e continentais, en cultivo larvario de moluscos, crustáceos e peixes en augas mariñas; reparador e mantedor de edificios e estruturas de cultivo e de circuítos de fluídos en instalacións acuícolas; instalador, reparador e mantedor de sistemas de cultivo de peixes, moluscos e crustáceos; reparador, mantedor e axustador de equipamentos de climatización, produción de calor e frío, filtración, alimentadores, bombeamento, dosificación e tratamento de fluídos en instalacións acuícolas; encargado/a de taller en instalacións acuícolas, xefe/a de equipo de instaladores/oras, axustadores/oras, reparadores/oras e mantedores/oras en instalacións acuícolas.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0703 Técnicas de cultivos auxiliares 187 7
MP0704 Técnicas de engorda de peixes 213 8
MP0705 Técnicas de engorda de moluscos 213 8
MP0706 Instalacións e equipamentos de cultivo 240 9
MP0710 Formación e orientación laboral 107 4
MP0707 Técnicas de criadeiro de peixes 192 11
MP0708 Técnicas de criadeiro de moluscos 192 11
MP0709 Técnicas de cultivo de crustáceos 193 11
MP0711 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0712 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).