MSAN01

 

MSAN01 - Emerxencias sanitarias

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MSAN01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Executar as actividades de traslado do paciente ao centro sanitario, prestar atención básica sanitaria e psicolóxica no contorno prehospitalario, levar a cabo actividades de teleoperación e teleasistencia sanitaria, e colaborar na organización e no desenvolvemento dos plans de emerxencia, dos dispositivos de risco previsibles e da loxística sanitaria ante unha emerxencia individual ou colectiva, ou unha catástrofe.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario público ou privado relacionado co traslado de pacientes ou vítimas, e a prestación de atención sanitaria e psicolóxica inicial, coa colaboración na preparación e no desenvolvemento da loxística sanitaria ante emerxencias colectivas ou catástrofes, así como participando na preparación de plans de emerxencia e dispositivos de risco previsible do ámbito da protección civil.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en transporte sanitario, técnico/a de emerxencias sanitarias, operador/a de teleasistencia, operador/a de centros de coordinación de urxencias e emerxencias.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0052 Mantemento mecánico preventivo do vehículo 80 3
MP0053 Loxística sanitaria en emerxencias 160 6
MP0054 Dotación sanitaria 107 4
MP0055 Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia 266 10
MP0058 Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia 53 2
MP0060 Teleemerxencias 80 3
MP0061 Anatomofisioloxía e patoloxía básicas 107 4
MP0062 Formación e orientación laboral 107 4
MP0056 Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia 227 13
MP0057 Evacuación e traslado de pacientes 245 14
MP0059 Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles 105 6
MP0063 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0064 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).