MSAN02

 

MSAN02 - Farmacia e parafarmacia

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MSAN02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Asistir na dispensación e na elaboración de produtos farmacéuticos e afíns, e realizar a venda de produtos parafarmacéuticos, fomentando a promoción da saúde e executando tarefas administrativas e de control de almacén, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En establecementos de venda de produtos farmacéuticos, parafarmacéuticos e, en xeral, produtos relacionados coa saúde humana ou animal, así como coa cosmética, a fitoterapia e outros. Do mesmo xeito, pode exercer a súa actividade en pequenos laboratorios de elaboración de produtos farmacéuticos e afíns.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en farmacia. Técnico/a auxiliar de farmacia. Técnico/a de almacén de medicamentos. Técnico/a en farmacia hospitalaria. Técnico/a en establecementos de parafarmacia.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0061 Anatomofisioloxía e patoloxía básicas 107 4
MP0099 Disposición e venda de produtos 107 4
MP0101 Dispensación de produtos farmacéuticos 213 8
MP0103 Operacións básicas de laboratorio 239 9
MP0104 Formulación maxistral 187 7
MP0106 Formación e orientación laboral 107 4
MP0020 Primeiros auxilios 53 3
MP0100 Oficina de farmacia 157 9
MP0102 Dispensación de produtos parafarmacéuticos 210 12
MP0105 Promoción da saúde 157 9
MP0107 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0108 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).