MSSC01

 

MSSC01 - Atención a persoas en situación de dependencia

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MSSC01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Atender as persoas en situación de dependencia no ámbito domiciliario e institucional, co fin de manter e mellorar a súa calidade de vida, realizando actividades asistenciais e non asistenciais, psicosociais e de apoio á xestión doméstica, aplicando medidas e normas de prevención e seguridade, e derivándoas a outros servizos en caso necesario.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector de servizos ás persoas, de carácter asistencial, psicosocial e de apoio á xestión doméstica.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Coidador/ora de persoas en situación de dependencia en institucións e/ou domicilios, coidador/ora en centros de atención psiquiátrica, xerocultor/ora, gobernante/a esubgobernante/a de persoas en situación de dependencia en Institucións, auxiliar responsable de planta de residencias de maiores e persoas con discapacidade, auxiliar de axuda a domicilio, asistente de atención domiciliaria, traballador/ora familiar, auxiliar de educación especial, asistente persoal, teleoperador/ora de teleasistencia.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0212 Características e necesidades das persoas en situación de dependencia 160 6
MP0213 Atención e apoio psicosocial 240 9
MP0215 Apoio domiciliario 240 9
MP0216 Atención sanitaria 213 8
MP0218 Formación e orientación laboral 107 4
MP0020 Primeiros auxilios 53 3
MP0210 Organización da atención ás persoas en situación de dependencia 123 7
MP0211 Destrezas sociais 123 7
MP0214 Apoio á comunicación 87 5
MP0217 Atención hixiénica 87 5
MP0219 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0220 Formación en centros de traballo 410
MP0831 Teleasistencia 104 6




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).