MTCP01

 

MTCP01 - Confección e moda

Familia: Téxtil, confección e pel
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MTCP01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Confeccionar, tanto á medida coma industrialmente, pezas, complementos e outros artigos en téxtil e pel, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En establecementos e industrias de confección e moda dedicadas ao preparado e corte de materiais, á produción de pezas, ao remate industrial de pezas e complementos de vestir en téxtil e pel, e artigos téxtiles para o fogar, usos industriais e deportivos. De igual modo, pode exercer a súa actividade en establecementos dedicados á realización de vestiario á medida.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Confeccionista. Axudante de xastraría e modistaría. Especialista en confección. Oficial de confección. Cortador/ora de pezas e artigos téxtiles. Operador/ora de máquinas industriais de coser e bordar. Cosedor/ora-ensamblador/ora. Marcador/ora-cortador/ora de pezas e artigos en téxtil e pel. Pasador/ora-acabador/ora. Operador/ora de máquinas de remate.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0264 Moda e tendencias 107 4
MP0267 Corte de materiais 213 8
MP0269 Confección industrial 266 10
MP0271 Información e atención á clientela 80 3
MP0272 Formación e orientación laboral 107 4
MP0275 Materiais téxtiles e pel 187 7
MP0116 Principios de mantemento electromecánico 105 6
MP0265 Patróns 123 7
MP0268 Confección á medida 209 12
MP0270 Acabamentos en confección 140 8
MP0273 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0274 Formación en centros de traballo 410

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2018-2019.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
A Coruña 15027897 CIFP Paseo das Pontes 881961030

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36013448 CIFP Manuel Antonio 886120750




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).