MTMV02

 

MTMV02 - Electromecánica de vehículos automóbiles

Familia: Transporte e mantemento de vehículos
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MTMV02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións nas áreas de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade do sector da automoción, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e mercadorías. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas situadas noutros sectores produtivos onde se realicen traballos de mantemento de electromecánica (grupos electróxenos, cintas transportadoras movidas con motor de explosión, etc.).

 

Que ocupacións se desempeñan?
Electronicista de vehículos; electricista electrónico de mantemento e reparación en automoción; mecánico/a de automóbiles; electricista de automóbiles; electromecánico/a de automóbiles; mecánico/a de motores e os seus sistemas auxiliares, de automóbiles e motocicletas; reparador/ora de sistemas pneumáticos e hidráulicos; reparador/ora de sistemas de transmisión e freos; reparador/ora de sistemas de dirección e suspensión; operario/a de ITV; instalador/ora de accesorios en vehículos; operario/a de empresas dedicadas á fabricación de recambios; electromecánico/a de motocicletas, vendedor/ora distribuidor/ora de recambios e equipamentos de diagnose.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0260 Mecanizado básico 107 4
MP0452 Motores 133 5
MP0454 Circuítos de fluídos: suspensión e dirección 213 8
MP0455 Sistemas de transmisión e freada 187 7
MP0456 Sistemas de carga e arranque 213 8
MP0459 Formación e orientación laboral 107 4
MP0453 Sistemas auxiliares do motor 245 14
MP0457 Circuitos eléctricos auxiliares do vehículo 175 10
Mp0458 Sistemas de seguridade e confortabilidade 157 9
MP0460 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0461 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).