SAGA01

 

SAGA01 - Xestión forestal e do medio natural

Familia: Agraria
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: SAGA01



Que se aprende a facer?
Programar, organizar, supervisar e realizar, de ser o caso, os traballos no monte e en viveiros, controlando e protexendo o medio natural e capacitando as persoas para a conservación e a mellora ambiental, con aplicación dos plans de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.

 

En que ámbitos se traballa?
Na área de xestión de empresas, públicas ou privadas, tanto por conta allea como por conta propia, dedicadas á xestión forestal, á cinexético-piscícola, á de viveiros forestais, ao desenvolvemento de programas de educación ambiental, á información, comunicación, formación, interpretación e actividades de acompañamento e guía no medio socio-natural,e a vixilancia do medio natural e os seus recursos. Na extinción de incendios forestaiscomo traballadores das administracións públicas. Así mesmo, para organizar, controlar e realizar tratamentos praguicidas segundo a actividade regulada pola normativa.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de empresas de repoboacións forestais, de corrección hidrolóxico-forestal e de inventario forestal, de tratamentos silvícolas, de loita contra pragas forestais, de construción e mantemento de camiños forestais, de aproveitamentos forestais e de turismo cinexético-piscícola; coordinador/ora de unidade de prevención e extinción de incendios forestais, de vixiantes de incendios forestais e de vixilancia rural; traballador/ora por conta propia en reforestación, tratamentos silvícolas e contra pragas e enfermidadesforestais; práctico/a de topografía, capataz forestal, encargado/a de propagación deplantas en viveiro, de recolección de sementes e froitos en altura, de actividades de asistencia técnica para planificar e realizar o seguimento e adecuación dos hábitat acuícola continental e das especies cinexéticas, de repoboacións cinexéticas, piscícolas eastacícolas, de parque natural, reserva de caza, coto, etc, da administración de universidades e centros de investigación, traballador/ora en control legal de depredadores,xestor/ora cinexético/a, axente forestal, garda de espazos naturais, educador/oraambiental, monitor/ora da natureza.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos profesionais Horas
Botánica agronómica  80
Fitopatoloxía  107
Formación e orientación laboral  107
Maquinaria e instalacións agroforestais  186
Técnicas de educación ambiental  107
Topografía agraria  107
Xestión dos aproveitamentos do medio forestal  133
Xestión e organización do viveiro forestal  133
Defensa contra incendios forestais  105
Empresa e iniciativa emprendedora  53
Formación en centros de traballo  384
Proxecto de xestión forestal e conservación do medio  26
Xestión cinexética  105
Xestión da conservación do medio natural  123
Xestión da pesca continental  87
Xestión de montes  157

Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?
Técnico superior en Xestión Forestal e do Medio Natural.

  

Relación de centros que ofertan o ciclo no réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario.
Curso 2017-2018.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Arzúa 15027733 IES de Arzúa 981500527

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Becerreá 27000617 CFEA Alta Montaña 982161203
Castro de Rei 27015891 IES da Terra Chá, José Trapero Pardo 982310308
Mondoñedo 27006966 IES Plurilingüe San Rosendo 982870539

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Xinzo de Limia 32014801 IES Cidade de Antioquía 988460519

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ponteareas 36007552 CIFP A Granxa 986640068
Pontevedra 36020192 CFEA de Lourizán 986805088

Relación de centros que ofertan o ciclo no réxime de persoas adultas na modalidade presencial

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial.
Curso 2017-2018.

Relación de centros que ofertan o ciclo en réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia.
Curso 2017-2018.

Relación de centros que ofertan o ciclo na modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual.
Curso 2017-2018.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).