SCOM01

 

SCOM01 - Transporte e loxística

Familia: Comercio e márketing
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SCOM01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en organizar, xestionar e controlar as operacións do transporte de mercadorías e de viaxeiros no ámbito nacional e internacional, e en planificar e xestionar as actividades loxísticas dunha empresa, de acordo coa normativa ecos obxectivos establecidos pola dirección da empresa, no marco da calidade, a seguridade e o respecto ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas do sector do transporte e a loxística, por conta propia ou por conta allea, realizando funcións de planificación, organización, xestión e comercialización do servizo de transporte e/ou de loxística.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe de tráfico de empresas de transporte de viaxeiros por estrada, en actividades de transporte e en actividades de transporte combinado; xefe de operacións, de estación de autobuses, de circulación, de almacén, de administración en transporte terrestre, aéreo, marítimo e multimodal; xerente da empresa de transporte; inspector de transporte de viaxeiros por estrada; xestor de transporte por estrada; administrativo de servizo de transporte por estrada; axente de transportes e de carga; comercial de servizos de transporte; operador de transporte porta a porta e loxístico; transitario; consignatario de buques; técnico en loxística do transporte e en loxística inversa; coordinador loxístico.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0179 Inglés 160 6
MP0622 Transporte internacional de mercadorías 187 7
MP0623 Xestión económica e financeira da empresa 187 7
MP0624 Comercialización do transporte e a loxística 132 5
MP0627 Xestión administrativa do comercio internacional 187 7
MP0631 Formación e orientación laboral 107 4
MP0621 Xestión administrativa do transporte e a loxística 175 10
MP0625 Loxística de almacenamento 123 7
MP0626 Loxística de aprovisionamento 105 6
MP0628 Organización do transporte de viaxeros/as 87 5
MP0629 Organización do transporte de mercadorías 140 8
MP0630 Proxecto de transporte e loxística 26
MP0632 Formación en centros de traballo 384

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2018-2019.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15004265 CPR Plurilingüe Liceo La Paz 981286299




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).