SCOM04

 

SCOM04 - Márketing e publicidade

Familia: Comercio e márketing
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SCOM04
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en definir e efectuar o seguimento das políticas de márketing baseadas en estudos comerciais, e en promocionar e publicitar os produtos e/ou servizos nos medios e nos soportes de comunicación axeitados, elaborando os materiais publipromocionais necesarios.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas públicas e privadas de calquera sector produtivo, nomeadamente no sector do comercio e márketing, realizando funcións de planificación, organización e xestión de actividades de márketing, investigación comercial, publicidade e relacións públicas. Trátase de persoas por conta propia que xestionan a súa empresa realizando actividades de comunicación e de publicidade e eventos, ou de traballadores e traballadoras por conta allea que exercen a súa actividade nos departamentos de márketing, comunicación e gabinetes de prensa e comunicación de calquera empresa ou organización, no ámbito público e privado.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Asistente do xefe de produto; técnico de márketing; técnico en publicidade; técnico en relacións públicas; organizador de eventos de márketing e comunicación; auxiliar de medios en empresas de publicidade; controlador de cursaxe ou emisión en medios de comunicación; técnico en estudos de mercado e opinión pública; técnico en traballos de campo; inspector de persoal enquisador; axente de enquisas e censos; codificador de datos para as investigacións de mercados.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0179 Inglés 160 6
MP0623 Xestión económica e financeira da empresa 187 7
MP0930 Políticas de márketing 187 7
MP0931 Márketing dixital 187 7
MP1010 Investigación comercial 132 5
MP1014 Formación e orientación laboral 107 4
MP1007 Deseño e elaboración de material de comunicación 141 8
MP1008 Medios e soportes de comunicación 87 5
MP1009 Relacións públicas e organización de eventos de márketing 105 6
MP1011 Traballo de campo na investigación comercial 105 6
MP1012 Proxecto de márketing e publicidade 26
MP1013 Formación en centros de traballo 384
MP1109 Lanzamento de produtos e servizos 105 6
MP1110 Atención á clientela e ás persoas consumidoras e usuarias 87 5




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).