SELE04

 

SELE04 - Mantemento electrónico

Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SELE04
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Manter e reparar equipamentos e sistemas electrónicos, profesionais, industriais e de consumo, así como planificar e organizar os procesos de mantemento, con criterios de calidade, aplicando a normativa e os plans de prevención de riscos laborais e ambientais.

 

En que ámbitos se traballa?
Empresas do sector servizos, tanto privadas como públicas, dedicadas ao mantemento e a reparación de equipamentos e sistemas de telecomunicacións, sistemas microprocesados,redes de banda larga, telemática e radiocomunicacións, así como equipamentos industriais e profesionais de audio e vídeo, por conta propia ou allea.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas de radio e televisión,e sistemas de produción audiovisual; técnico/a en reparación e mantemento de sistemas de radio e televisión, e sistemas de produción audiovisual; técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas de radiodifusión; técnico/a en reparación e mantemento de sistemas de radiodifusión; técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas domóticos, inmóticos e de seguridade electrónica; técnico/a en reparación e mantemento de sistemas domóticos, inmóticos e de seguridade electrónica;técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de redes locais e sistemas telemáticos; técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos de redes locais e sistemas telemáticos; técnico/a en supervisión, verificación e control de sistemas de radioenlaces; técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos profesionais de audio; técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos profesionais de vídeo;técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos industriais.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1051 Circuitos electrónicos analóxicos 240 9
MP1052 Equipamentos microprogramables 266 10
MP1055 Mantemento de equipamentos de electrónica industrial 160 6
MP1058 Técnicas e procesos de montaxe e mantemento de equipamentos electrónicos 187 7
MP1061 Formación e orientación laboral 107 4
MP1053 Mantemento de equipamentos de radiocomunicacións 140 8
MP1054 Mantemento de equipamentos de voz e datos 140 8
MP1056 Mantemento de equipamentos de audio 105 6
MP1057 Mantemento de equipamentos de vídeo 122 7
MP1059 Infraestruturas e desenvolvemento do mantemento electrónico 70 4
MP1060 Proxecto de mantemento electrónico 26
MP1062 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1063 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).