SENA01

 

SENA01 - Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

Familia: Enerxía e auga
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SENA01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Avaliar a eficiencia das instalacións de enerxía e auga en edificios, apoiando tecnicamente o proceso de cualificación e certificación enerxética de edificios, así como configurar instalacións solares térmicas, xestionando a súa montaxe e o mantemento en condicións de seguridade, calidade e respecto ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector enerxético, en institucións competentes en auditorías, inspeccións e certificacións enerxéticas, e en empresas dedicadas a realizar estudos de viabilidade, promoción, implantación e mantemento de instalacións de enerxía solar en edificios.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a de eficiencia enerxética de edificios. Axudante de procesos de certificación enerxética de edificios. Técnico/a comercial de instalacións solares. Responsable de montaxe de instalacións solares térmicas. Responsable de mantemento de instalacións solares térmicas. Xestor/ora enerxético/a. Promotor/ora de programas de eficiencia enerxética.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0121 Equipamentos e instalacións térmicas 213 8
MP0122 Procesos de montaxe de instalacions 213 8
MP0123 Representación gráfica de instalacións 160 6
MP0349 Eficiencia enerxética de instalacións 160 6
MP0352 Configuración de instalacións solares térmicas 107 4
MP0356 Formación e orientación laboral 107 4
MP0350 Certificación enerxética de edificios 210 12
MP0351 Xestión eficiente da auga na edificación 105 6
MP0353 Xestión da montaxe e o mantemento de instalacións solares térmicas 175 10
MP0354 Promoción do uso eficiente da enerxía e da auga 87 5
MP0355 Proxecto de eficiencia enerxética e enerxía solar térmica 26
MP0357 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0358 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).