SFME01

 

SFME01 - Programación da produción en fabricación mecánica

Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SFME01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Planificar, programar e controlar a fabricación por mecanizado e a montaxe de bens de equipamento, partindo da documentación do proceso e das especificacións dos produtos que se fabriquen, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en mecánica. Encargado/a de instalacións de procesamento de metais. Encargado/a de operadores de máquinas para traballar metais. Encargado/a de montadores. Programador/ora de CNC. Programador/ora de sistemas automatizados en fabricación mecánica. Programador/ora da produción.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0007 Interpretación gráfica 133 5
MP0160 Definición de procesos de mecanizado, conformación e montaxe 213 8
MP0162 Programación de sistemas automáticos e fabricación mecánica 160 6
MP0164 Execución de procesos de fabricación 187 7
MP0166 Verificación de produtos 160 6
MP0168 Formación e orientación laboral 107 4
MP0002 Mecanizado por control numérico 262 15
MP0161 Fabricación asistida por computador (CAM) 70 4
MP0163 Programación da produción 140 8
MP0165 Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental 105 6
MP0167 Proxecto de fabricación de produtos mecánicos 26
MP0169 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0170 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).