SFME03

 

SFME03 - Deseño en fabricación mecánica

Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SFME03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Deseñar produtos de fabricación mecánica, utensilios de procesamento de chapa, moldes e modelos para polímeros, fundición, forxa, estampación ou pulvimetalurxia, asegurando a calidade, e cumprindo a normativa de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En industrias transformadoras de metais, polímeros, elastómeros e materiais compostos relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Delineante proxectista, técnico/a en CAD, técnico/a en desenvolvemento de produtos, técnico/a en desenvolvemento de matrices, técnico/a en desenvolvemento de utensilios, técnico/a en desenvolvemento de moldes, técnico/a de desenvolvemento de produtos e moldes.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0245 Representación gráfica en fabricación mecánica 213 8
MP0427 Deseño de produtos mecánicos 320 12
MP0429 Deseño de moldes e modelos de fundición 133 5
MP0432 Técnicas de fabricación mecánica 187 7
MP0434 Formación e orientación laboral 107 4
MP0428 Deseño de utensilios de procesamento de chapa e estampación 227 13
MP0430 Deseño de moldes para produtos poliméricos 140 8
MP0431 Automatización da fabricación 210 12
MP0433 Proxecto de deseño de produtos mecánicos 26
MP0435 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0436 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).