SHOT03

 

SHOT03 - Guía, información e asistencia turísticas

Familia: Hostalaría e turismo
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SHOT03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Planificar e promocionar destinos turísticos de base territorial, informar sobre eles, e guiar e asistir persoas viaxeiras e clientes nestes destinos, así como en terminais, en medios de transporte, en eventos e noutros destinos turísticos.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector turístico, entendido este no seu sentido máis amplo, o que abrangue calquera ti-po de eventos, terminais de viaxeiros e empresas de transporte, ademais das áreas turísti-cas tradicionais, como destinos e puntos de información, entre outros. Ademais, tense ca-pacitación para crear e implantar plans e actividades de desenvolvemento locais, en rela-ción co mesmo sector. Trátase de persoal traballador por conta allea ou por conta propia, incluíndo a posibilidade de ocupar postos na Administracións ou en entes de característi-cas similares (consorcios, padroados, etc.).

 

Que ocupacións se desempeñan?
Guía local, guía acompañante, guía en lugares onde se localicen bens de interese cultural, informador/ora turístico/a, xefe/a de oficinas de información, promotor/ora turístico/a, técnico/a de empresa de consultoría turística, axente de desenvolvemento turístico local, azafata/asistente en medios de transporte terrestre ou marítimo, asistente en terminais (es-tacións, portos e aeroportos), encargado/a de facturación en terminais de transporte, e asis-tente en feiras, congresos e convencións.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0171 Estrutura do mercado turístico 133 5
MP0173 Márketing turístico 160 6
MP0179 Inglés 160 6
MP0383 Destinos turísticos 213 8
MP0384 Recursos turísticos 187 7
MP0389 Formación e orientación laboral 107 4
MP0172 Protocolo e relacións públicas 105 6
MP0180 Segunda lingua estranxeira 157 9
MP0385 Servizos de información turística 70 4
MP0386 Procesos de guía e asistencia turística 105 6
MP0387 Deseño de produtos turísticos 140 8
MP0388 Proxecto de guía, información e asistencia turísticas 26
MP0390 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0391 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).