SIFC01

 

SIFC01 - Administración de sistemas informáticos en rede

Familia: Informática e comunicacións
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIFC01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Configurar, administrar e manter sistemas informáticos, garantindo a funcionalidade e a integridade dos recursos e dos servizos do sistema, coa calidade esixida e conforme a regulamentación.

 

En que ámbitos se traballa?
Na área de informática de entidades e empresas que dispoñan de sistemas para a xestión de datos e infraestrutura de redes (intranet, internet e/ou extranet).

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en administración de sistemas, responsable de informática, técnico/a en servizos de internet, técnico/a en servizos de mensaxaría electrónica, persoal de apoio e soporte técnico, técnico/a en teleasistencia, técnico/a en administración de base de datos, técnico/a de redes, supervisor/ora de sistemas, técnico/a en servizos de comunicacións, e técnico/a en contornos web.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0369 Implantación de sistemas operativos 213 8
MP0370 Planificación e administración de redes 213 8
MP0371 Fundamentos de hardware 107 4
MP0372 Xestión de bases de datos 187 7
MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133 5
MP0380 Formación e orientación laboral 107 4
MP0374 Administración de sistemas operativos 140 8
MP0375 Servizos de rede e internet 140 8
MP0376 Implantación de aplicacións web 122 7
MP0377 Administración de sistemas xestores de bases de datos 70 4
MP0378 Seguridade e alta dispoñibilidade 105 6
MP0379 Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede 26
MP0381 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0382 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).