SIMA01

 

SIMA01 - Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos

Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIMA01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Desenvolver proxectos e planificar a montaxe das instalacións térmicas e de fluídos en edificios e procesos industriais, de acordo cos regulamentos e as normas establecidas, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade, de prevención de riscos laborais e de protección do medio.

 

En que ámbitos se traballa?
Nas industrias de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores de climatización (calefacción, refrixeración e ventilación) e produción de auga quente sanitaria, no sector industrial, e no de edificación e obra civil.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Delineante proxectista de instalacións caloríficas. Delineante proxectista de instalacións de climatización e ventilaciónextracción. Delineante proxectista de instalacións frigoríficas. Delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos. Técnico en planificación de montaxes de instalacións caloríficas. Técnico/a en planificación de montaxes de instalacións de climatización e ventilación-extracción. Técnico/a en planificación de montaxes de instalacións frigoríficas. Técnico/a en planificación de procesos de montaxes de redes e sistemas de distribución de fluídos.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0124 Enerxías renovables e eficiencia enerxética 80 3
MP0121 Equipamentos e instalacións térmicas 213 8
MP0130 Formación e orientación laboral 107 4
MP0122 Procesos de montaxe de instalacións 213 8
MP0123 Representación gráfica de instalacións 160 6
MP0120 Sistemas eléctricos e automáticos 187 7
MP0125 Configuración de instalacións de climatización, calefacción e AQS 175 10
MP0127 Configuración de instalacións de fluídos 140 8
MP0126 Configuración de instalacións frigoríficas 157 9
MP0131 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0132 Formación en centros de traballo 384
MP0128 Planificación da montaxe de instalacións 105 6
MP0129 Proxecto de instalacións térmicas e de fluídos 26

Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2019-2020.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ferrol 15006754 CIFP Ferrolterra 981333107




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).