SIMP04

 

SIMP04 - Caracterización e maquillaxe profesional

Familia: Imaxe persoal
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIMP04
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Planificar e realizar a montaxe de proxectos de caracterización para medios audiovisuais e escénicos, así como deseñar e realizar próteses, perrucas e maquillaxes sociais, profesionais e artísticas, coordinando os medios técnicos e humanos, e respectando os criterios de calidade, seguridade, protección ambiental e deseño universal.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos de caracterización para producións audiovisuais e escénicas, en talleres e estudios de caracterización e en empresas dedicadas á maquillaxe profesional, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de xestión e supervisión, deseño, organización e prestación de servizos, así como na fabricación de postizos, perrucas e próteses de caracterización, ben como traballadoras e traballadores autónomos ou ben por conta allea.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Caracterizador/ora; xefe/a de maquillaxe para medios audiovisuais e actividades e actuacións escénicas; peiteador/ora para caracterización; maquillador/ora para medios audiovisuais e actividades e actuacións escénicas; posticeiro/a; xefe/a de caracterización; xefe/a de peiteado para espectáculos e medios audiovisuais; especialista en próteses e efectos especiais de caracterización; deseñador/ora de personaxes de caracterización; formador/ora técnico/a en caracterización; técnico/a comercial.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0685 Planificación e proxectos 107
MP1264 Creación de próteses faciais e corporais 213
MP1266 Postizaría 213
MP1267 Deseño dixital de personaxes 2D 3D 80
MP1268 Deseño gráfico aplicado 133
MP1269 Produtos de caracterización e maquillaxe 107
MP1271 Formación e orientación laboral 107
MP1261 Caracterización de personaxes 157
MP1262 Maquillaxe profesional 193
MP1263 Efectos especiais a través da maquillaxe 87
MP1265 Peiteado para caracterización 140
MP1270 Proxecto de caracterización e maquillaxe profesional 26
MP1272 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1273 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).