SIMS04

 

SIMS04 - Son para audiovisuais e espectáculos

Familia: Imaxe e son
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIMS04
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Definir, planificar e supervisar a instalación, a captación, a gravación, o control, a emisión,a posprodución e a reprodución do son en audiovisuais, radio, industria discográfica,espectáculos, eventos e instalacións fixas de sonorización, controlando e asegurando acalidade técnica e formal.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector audiovisual, radiofónico, discográfico, do espectáculo, de eventos e de instalación de estruturas fixas e efémeras de sonorización en recintos acoutados.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de son de cine, audiovisuais e espectáculos, técnico/a de son de cine eaudiovisuais, técnico/a de son directo, técnico/a de gravación musical, técnico/a degravación de son en estudio, técnico/a de son para PA ("public address"), técnico/a demonitores de son, técnico/a de sistemas de son, técnico/a de son en sistemas sen fíos,técnico/a en sistemas de microfonía, especialista de son, montador/ora e editor/ora de son,mesturador/ora e masterizador/ora de son.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1096 Planificación de proxectos de son 107 4
MP1097 Instalacións de son 213 8
MP1098 Son para audiovisuais 267 10
MP1103 Electroacústica 133 5
MP1104 Comunicación e expresión sonora 133 5
MP1106 Formación e orientación laboral 107 4
MP1099 Control de son en directo 140 8
MP1100 Gravación en estudio 175 10
MP1101 Axustes de sistemas de sonorización 87 5
MP1102 Posprodución de son 175 10
MP1105 Proxecto de son para audiovisuais e espectáculos 26
MP1107 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1108 Formación en centros de traballo 384

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2018-2019.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15027800 CIFP Imaxe e Son 981173181

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36024461 IES Audiovisual de Vigo 886111152

Réxime de persoas adultas na modalidade presencial




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).