SMAM01

 

SMAM01 - Deseño e amoblamento

Familia: Madeira, moble e cortiza
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SMAM01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Deseñar mobles e elementos de carpintaría, xestionar a súa produción e a súa instalación, e participar no mantemento dos sistemas de calidade, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector da produción e a instalación de carpintaría e moble, en pequenas, medianas egrandes empresas, por conta allea ou por conta propia, desenvolvendo funcións de deseño técnico, supervisión da produción, fabricación automatizada, execución de proxectos de amoblamento e montaxe de instalacións.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Debuxante proxectista de mobles, técnico/a en desenvolvemento de produtos de carpintaría e mobles, proxectista de carpintaría e moble, xerente de empresas de madeira,moble e outras manufacturas, técnico/a de control de calidade en industrias de madeira e cortiza, encargado/a de oficina técnica, xefe/a de fabricación, controlador/ora de produción,xefe/a de sección, xefe/a de equipo.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0982 Procesos en industrias de carpintaría e moble 133 5
MP0983 Fabricación en carpintaría e moble 213 8
MP0984 Representación en carpintería e moblaxe 213 8
MP0987 Automatización en carpintaría e moble 187 7
MP0990 Xestión da produción en carpintaría e moble 107 4
MP0992 Formación e orientación laboral 107 4
MP0985 Prototipos en carpintaría e moble 157 9
MP0986 Desenvolvemento de produto en carpintaría e moble 175 10
MP0988 Instalacións de carpintaría e moblaxe 105 6
MP0989 Deseño de carpintaría e moble 140 8
MP0991 Proxecto de deseño e amoblamento 26
MP0993 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0994 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).