SSAN06

 

SSAN06 - Anatomía patolóxica e citodiagnóstico

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSAN06
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Procesar mostras histolóxicas e citolóxicas, seleccionar e facer a aproximación diagnóstica de citoloxías xinecolóxicas e xerais, e colaborar na realización de necropsias clínicas e forenses, de maneira que sirvan como soporte ao diagnóstico clínico ou médico-legal, organizando e programando o traballo, e cumprindo criterios de calidade do servizo e de optimización de recursos, baixo a supervisión facultativa correspondente.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros de investigación. Ademais, realizan o seu traballo baixo a supervisión do/da facultativo/a correspondente.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía. Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía. Citotécnico. Axudante de forense. Prosector/ora de autopsias clínicas e médico-legais. Tanatopractor/a. Colaborador/ora e asistente en bioloxía molecular. Colaborador/ora e asistente de investigación.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1367 Xestión de mostras biolóxicas 213 8
MP1368 Técnicas xerais de laboratorio 240 9
MP1369 Bioloxía molecular e citoxenética 187 7
MP1370 Fisiopatoloxía xeral 213 8
MP1384 Formación e orientación laboral 107 4
MP1379 Necropsias 70 4
MP1380 Procesamento citolóxico e tisular 193 11
MP1381 Citoloxía xinecolóxica 157 9
MP1382 Citoloxía xeral 157 9
MP1383 Proxecto de anatomía patolóxica e citodiagnóstico 26
MP1385 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1386 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).