SSAN08

 

SSAN08 - Documentación e administración sanitarias

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSAN08
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Definir e organizar procesos de tratamento da información e a documentación clínica, extraendo e rexistrando datos, codificándoos e validando a información, e garantindo o cumprimento da normativa, así como intervir nos procesos de atención e xestión de pacientes e de xestión administrativa en centros sanitarios.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros hospitalarios e de investigación. Realizan o seu traballo baixo a supervisión do persoal facultativo correspondente ou xerente administrativo/a, de ser o caso. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en documentación sanitaria. Responsable técnico/a de codificación de documentación sanitaria. Responsable técnico/a de arquivos de historias clínicas. Responsable técnico/a de tratamento e deseño documental sanitario. Responsable técnico/a de sistemas de información asistencial sanitaria. Responsable técnico/a de avaliación e control de calidade da prestación sanitaria. Responsable técnico/a de xestión de procesos administrativo-clínicos. Responsable de administración de unidades, departamento ou centros sanitarios. Asistente de equipos de investigación biomédica. Secretario/a de servizos sanitarios.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0649 Ofimática e proceso da información 240 9
MP1516 Terminoloxía clínica e patoloxía 213 7
MP1517 Extracción de diagnósticos e procedementos 160 7
MP1518 Arquivamento e documentación sanitarios 133 5
MP1521 Atención psicosocial a pacientes e persoas usuarias 107 4
MP1525 Formación e orientación laboral 107 4
MP1515 Xestión de pacientes 53 3
MP1519 Sistemas de información e clasificación sanitarios 87 5
MP1520 Codificación sanitaria 191 11
MP1522 Validación e explotación de datos 123 7
MP1523 Xestión administrativa sanitaria 123 7
MP1524 Proxecto de documentación e administración sanitarias 26
MP1526 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1527 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).