SSAN09

 

SSAN09 - Hixiene bucodental

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSAN09
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Promover a saúde bucodental das persoas e da comunidade, mediante o de-senvolvemento de actividades preventivas e técnico-asistenciais que inclúen a ex-ploración, a avaliación, a promoción e a realización de técnicas odontolóxicas en colaboración co/coa odontólgo/a o/a médico/a estomatólogo/a. Como membro dun equipo de saúde bucodental realizará a súa actividade profesional con criterios de calidade, seguridade e optimización de recursos.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario público e no privado, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde bucodental, de equipos de atención primaria, nas unidades de promoción da saúde, e en consultas ou gabinetes dentais privados. Poden integrarse nun equipo de prevención e atención sanitaria, coordinado por un/unha facultativo/a. Desenvolven funcións de organización e xestión na unidade ou no gabinete dental de traballo, prestan servizos asistenciais e preventivos á comunidade e controlan a súa calidade a través de actividades de vixilancia epidemiolóxica e de educación sanitaria. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración competente.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en hixiene bucodental. Técnico/a especialista hixienista dental. Hixienista bucodental. Educador/ora en saúde bucodental.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0730 Recepción e loxística na clínica dental 80 3
MP0731 Estudo da cavidade oral 213 8
MP0732 Exploración da cavidade oral 134 5
MP0733 Intervención bucodental 213 8
MP0739 Formación e orientación laboral 107 4
MP1370 Fisiopatoloxía xeral 213 8
MP0020 Primeiros auxilios 53 3
MP0734 Epidemioloxía en saúde oral 87 5
MP0735 Educación para a saúde oral 105 6
MP0736 Conservadora, periodoncia, cirurxía e implantes 175 10
MP0737 Prótese e ortodoncia 157 9
MP0738 Proxecto de hixiene bucodental 26
MP0740 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0741 Formación en centros de traballo 384

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2018-2019.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
A Coruña 15022607 CIFP Ánxel Casal - Monte Alto 881960122
Ferrol 15021469 IES Leixa 881938125

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32008902 CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel 988788470

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36013448 CIFP Manuel Antonio 886120750




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).