SSSC04

 

SSSC04 - Mediación comunicativa

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSSC04
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Desenvolver intervencións de mediación comunicativa para persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva, que sexan usuarias da lingua de signos española, ou con dificultades de comunicación, linguaxe e fala; así como programas de promoción das persoas xordas e xordocegas usuarias da lingua de signos española, e de sensibilización social, respectando a idiosincrasia das persoas usuarias.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector dos servizos ás persoas xordas, xordocegas, con discapacidade auditiva e con dificultades de comunicación que sexan usuarias da lingua de signos española. Estes servizos recollen os ámbitos asistenciais, educativos, sociolaborais, psicosociais e de apoio nas xestións básicas. Tamén exercen a súa actividade no sector dos servizos á comunidade, nos ám-bitos da dinamización comunitaria e na promoción de igualdade de oportunidades con estes colectivos de persoas.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Axente de desenvolvemento da comunidade xorda. Técnico/a en promoción, atención e formación a persoas xordas. Axente dinamizador/ora da comunidade xorda. Mediador/ora social da comunidade xorda. Axente de desenvolvemento da comunidade xordocega. Axente dinamizador da comunidade xordocega. Mediador de persoas xordocegas. Asistente de persoas xordocegas. Mediador de persoas con dificultades de comunicación.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1111 Metodoloxía da integración social das persoas con dificultades de comunicación, linguaxe e fala 80 3
MP1112 Sensibilización social e participación 80 3
MP1113 Intervención socioeducativa con persoas xordocegas 133 5
MP1114 Contexto da mediación comunicativa con persoas xordocegas 160 6
MP1115 Lingua de signos 240 9
MP1118 Técnicas de intervención comunicativa 160 6
MP1120 Formación e orientación laboral 107 4
MP0017 Habilidades sociais 123 7
MP0020 Primeiros auxilios 53 3
MP0343 Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación 139 8
MP1116 Ámbitos de aplicación da lingua de signos 175 10
MP1117 Intervención con persoas con dificultades de comunicación 87 5
MP1119 Proxecto de mediación en comunicación 26
MP1121 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1122 Formación en centros de traballo 384

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2018-2019.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
A Coruña 15022607 CIFP Ánxel Casal - Monte Alto 881960122

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36010794 CPR Fillas de María Inmaculada 986423988




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).