Ciclo medio de Emerxencias e Protección Civil. Período especial de admisión

O día 2 de outubro publicouse no DOG a Orde do 23 de setembro de 2015 pola que se modifica a Orde do 10 de xuño de 2015 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2015-2016 (Acceso á orde).

A orde amplía a oferta formativa existente, como consecuencia, cómpre abrir un período especial de admisión para o ciclo de grao medio de formación profesional de Emerxencias e Protección Civil no IES Antón Losada Diéguez da Estrada.

Prazo de presentación de solicitudes: do 5 ao 9 de outubro ás 13:00 horas, no IES Antón Losada Diéguez. A Estrada

Máis información ao período especial de admisión