BELE02

 

BELE02 - Instalacións electrotécnicas e mecánica

Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BELE02
Documentación: RD
DOG

Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares na montaxe e no mantemento de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios, así como operacións básicas de fabricación e montaxe para fabricación mecánica, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións electrotécnicas de edificios, vivendas, oficinas e locais comerciais e industriais, baixo a supervisión de persoal de nivel superior. A actividade está regulada polo regulamento electrotécnico de baixa tensión e pola normativa das infraestruturas comúns de telecomunicacións.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión; axudante/a de montador/ora de antenas receptoras de radio, televisión terrestre e televisión por satélite; axudante/a de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos; de instalacións telefónicas; axudante/a de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación; peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica; de industrias manufactureiras; auxiliares de procesos automatizados.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3009 Ciencias aplicadas I 175 6
MP3011 Comunicación e sociedade I 206 7
MP3013 Instalacións eléctricas e domóticas 175 6
MP3020 Operacións básicas de fabricación 179 6
MP3021 Soldadura e carpintaría metálica 175 6
MP3012 Comunicación e sociedade II 135 6
MP3014 Instalacións de telecomunicacións 236 10
MP3019 Ciencias aplicadas II 162 7
MP3022 Carpintaría de aluminio e PVC 175 8
MP3081 Formación en centros de traballo 320




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).