BHOT01

 

BHOT01 - Cociña e restauración

Familia: Hostalaría e turismo
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BHOT01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar con autonomía as operacións básicas de preparación e conservación de elaboracións culinarias sinxelas no ámbito da produción en cociña, así como as operacións de preparación e presentación de alimentos e bebidas en establecementos de restauración e catering, asistindo nos procesos de servizo e atención á clientela, seguindo os protocolos de calidade establecidos, cumprindo as normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en pequenas, medianas e grandes empresas do sector da hostalaría, en establecementos de restauración, bares e cafetarías, en tendas especializadas en comidas preparadas e en empresas dedicadas ao almacenamento, o envasamento e a distribución de produtos alimenticios. Tamén poden traballar por conta propia en pequenos establecementos dos subsectores de hotelaría e restauración tradicional, moderna ou colectiva.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante ou auxiliar de cociña; axudante de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas; auxiliar ou axudante de camareiro/a en sala; auxiliar ou axudante de camareiro/a en bar-cafetaría; auxiliar ou axudante de barman; auxiliar ou axudante de cociña en establecementos onde a oferta estea composta por elaboracións sinxelas e rápidas (tapas, pratos combinados, etc.); axudante de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3005 Atención á clientela 58 2
MP3009 Ciencias aplicadas I 175 6
MP3011 Comunicación e sociedade I 206 7
MP3034 Técnicas elementais de preelaboración 175 6
MP3035 Procesos básicos de produción culinaria 179 6
MP3036 Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación 117 4
MP3012 Comunicación e sociedade II 135 6
MP3037 Técnicas elementais de servizo 157 7
MP3038 Procesos básicos de preparación de alimentos e bebidas 164 7
MP3039 Preparación e montaxe de materiais para colectividades e catering 90 4
MP3041 Formación en centros de traballo 320
MP3042 Ciencias aplicadas II 162 7




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).