BMAP01

 

BMAP01 - Actividades marítimo-pesqueiras

Familia: Marítimo-pesqueira
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BMAP01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar actividades básicas de navegación e pesca, e de servizo na sala máquinas de buques de pesca, operando coa calidade indicada, observando as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
A bordo de buques de pesca e auxiliares de acuicultura.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Mariñeiro/a de máquinas; mariñeiro/a de ponte; mariñeiro/a de pesca; mariscador/ora a flote.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3009 Ciencias aplicadas I 175 6
MP3011 Comunicación e sociedade I 206 7
MP3140 Mantemento de equipamentos auxiliares en barcos de pesca 267 9
MP3142 Mantemento de motores en barcos de pesca 204 7
MP3143 Seguridade e primeiros auxilios en barcos de pesca 58 2
MP3012 Comunicación e sociedade II 135 6
MP3019 Ciencias aplicadas II 162 7
MP3138 Actividades en cubertas de barcos de pesca 135 6
MP3139 Pesca con palangre, arrastre e cerco 141 6
MP3141 Pesca con artes de enmalle e marisqueo 135 6
MP3144 Formación en centros de traballo 320




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).