M02001
M02001 - Condución de actividades físico-deportivas no medio natural
Que se aprende a facer?
Conducir clientes en condicións de seguridade por sendeiros ou zonas de montaña (onde non se precisen técnicas de escalada e alpinismo) a pé, en bicicleta ou a cabalo, conseguindo a satisfacción dos usuarios e un nivel de calidade nos límites de custo previstos.
En que ámbitos se traballa?
Condución e animación de grupos/clientes. Organización e realización de actividades de sendeirismo, excursionismo, itinerarios en bicicleta e rutas ecuestres.
Que ocupacións se desempeñan?
Acompañador de montaña, guía de turismo ecuestre, guía de itinerarios en bicicleta, coordinador de actividades de condución/guía en empresas turísticas ou entidades públicas ou privadas de actividades na natureza, promotor de actividades de condución/guía en clubs ou asociacións.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | CM0029 | Actividades físicas para persoas con discapacidades | 55 | 2 | |
1º | CMAXCE | Administración, xestión e comercialización na pequena empresa | 80 | 3 | |
1º | CM0030 | Condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos | 215 | 8 | |
1º | CM0031 | Condución de grupos en bicicleta | 130 | 5 | |
1º | CM0032 | Desprazamento, estadía e seguridade no medio terrestre | 215 | 8 | |
1º | CM0033 | Dinámica de grupos | 55 | 2 | |
1º | CM0FOL | Formación e orientación laboral | 55 | 2 | |
1º | CM0035 | Fundamentos biolóxicos, saúde e primeiros auxilios | 80 | 3 | |
1º | CMHC75 | Horas á disposición do centro | 75 | 3 | |
2º | CM0034 | Formación en centros de traballo | 440 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).