MAGA04

 

MAGA04 - Aproveitamento e conservación do medio natural

Familia: Agraria
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MAGA04
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en realizar as operacións de repoboación forestal, de restauración ou ordenación hidrolóxico-forestal e de aproveitamento forestal, así como o control e a vixilancia do medio natural, manexando e mantendo a maquinaria e as instalacións forestais, consonte a normativa ambiental e de prevención de riscos laborais.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, tanto públicas como privadas, dedicadas aos traballos de repoboación forestal, de restauración e ordenación hidrolóxica forestal, e de aproveitamento forestal, así como de control e vixilancia do medio natural. Trátase de traballadores e traballadoras que poden exercer a súa actividade por conta allea ou por conta propia, que se integran en equipos de traballo con outras persoas do mesmo ou de inferior nivel de cualificación, dependendo organicamente de mandos intermedios. En certos casos de empresas pequenas, poden ter baixo a súa responsabilidade persoal operario, pero coa supervisión de responsables de produción.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Traballador cualificado por conta propia e por conta allea en actividades forestais e similares, en hortas, viveiros e xardíns, en propagación e cultivo de plantas en viveiro; maquinista de procesadora forestal; traballador especializado en inventario, seguimento e adecuación do hábitat natural e de especies acuícolas continentais e cinexéticas, en repoboacións de especies cinexéticas, piscícolas e astacícolas; especialista en colleita de sementes e froitos en altura, en produción de sementes, en aproveitamentos de madeiras, cortiza e leñas, en traballos de altura nas árbores, de empresas de repoboación, que realicen tratamentos silvícolas, que realicen traballos de construción e mantemento de camiños e que realicen traballos de corrección hidrolóxico-forestal; motoserrista, abatedor e cortador de toradas; aplicador de produtos fitosanitarios; enxertador; auxiliar en traballos de control legal de depredadores ou especies invasoras; guía de actividades de turismo cinexético-piscícola; corcheiro; traballador en viveiros en xeral.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0404 Fundamentos agronómicos 159 6
MP0409 Principios de sanidade vexetal 107 4
MP0832 Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas 214 8
MP0835 Produción de planta forestal en viveiro 159 6
MP0837 Maquinaria e instalacións forestais 214 8
MP0839 Formación e orientación laboral 107 4
MP0479 Control fitosanitario 87 5
MP0833 Aproveitamento do medio natural 193 11
MP0834 Conservación das especies cinexéticas e piscícolas 123 7
MP0836 Prevención de incendios forestais 87 5
MP0838 Uso público en espazos naturais 87 5
MP0840 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0841 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).