MEOC02

 

MEOC02 - Obras de interior, decoración e rehabilitación

Ciclo formativo
Familia: Edificación e obra civil
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MEOC02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Organizar e executar os acabamentos de construción en obra nova, reforma e rehabilitación, realizando chans, particións e teitos, mediante a instalación de paneis ou pezas prefabricadas, a colocación de placas ou láminas, a aplicación de revestimentos continuos e a pintura de superficies, cumprindo as condicións e os prazos establecidos,así como as prescricións de calidade, de seguridade e ambientais.

 

En que ámbitos se traballa?
Sector da construción, en pequenas, medianas e grandes empresas construtoras, e en Administracións públicas, por conta allea ou propia, desenvolvendo traballos de obras de interior e decoración para a construción, a rehabilitación, o mantemento e a reforma en edificación e obra civil.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipo de revestimentos con pastas e morteiros; xefe/a de equipamento e/ouencargado/a de azulexadores/as e solladores/as; xefe/a de equipo de instaladores/as de sistemas prefabricados de xeso laminado ou falsos teitos; xefe/a de equipo e/ouencargado/a de pintores/as e empapeladores/as; aplicador/ora de revestimentos continuos de fachadas; revocador/ora de construción; alicatador/ora sollador/ora; instalador/ora de placa de xeso laminado; instalador/ora de falsos teitos; xunteiro/a de placa de xeso laminado; colocador/ora de prefabricados lixeiros en construción; colocador/ora de pavimentos lixeiros, en xeral; colocador/ora de moqueta; instalador/ora de pavimentos elevados rexistrables; instalador/ora de sistemas de anteparos e paneis técnicos; pintor/ora e/ou empapelador/ora; pintor/ora de interiores; pintor/ora decorador/ora de interiores; pintor/ora de obra; pintor/ora de fachadas de edificación.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1196 Anteparos e chans técnicos 107 4
MP0995 Construción 133 5
MP1201 Formación e orientación laboral 107 4
MP0996 Interpretación de planos de construción 107 4
MP1195 Particións prefabricadas 187 7
MP1194 Revestimentos continuos 187 7
MP1197 Teitos suspendidos 132 5
MP1202 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1203 Formación en centros de traballo 410
MP1200 Organización de traballos de interior, decoración e rehabilitación 70 4
MP1199 Pintura decorativa en construción 192 11
MP1198 Revestimentos lixeiros 123 7
MP1003 Solados, azulexados e chapados 192 11

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32015050 CIFP A Farixa 988783012




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).