mfme02

 

MFME02 - Soldadura e caldeiraría

Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MFME02

 

Que se aprende a facer?
Executar os procesos de fabricación, montaxe e reparación de elementos de caldeiraría, canalizacións, estruturas metálicas e carpintaría metálica aplicando as técnicas de soldadura, de mecanizado e de conformación, e cumprindo as especificacións de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

 

Onde se realiza o traballo?
Nas industrias de fabricación, reparación e montaxe de produtos de caldeiraría, carpintaría e estrutura relacionadas cos subsectores de construcións metálicas e navais, e de fabricación de vehículos de transporte, encadradas no sector industrial.

 

En que postos de traballo?
Soldador/ora e oxicortador/ora. Operador/ora de proxección térmica. Chapista e caldeireiro/eira. Montador/ora de estruturas metálicas. Carpinteiro/eira metálico/a. Tubeiro/eira industrial de industria pesada.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos profesionais Horas
Formación e orientación laboral 107
Interpretación gráfica 133
Mecanizado 160
Soldadura en atmosfera natural 347
Trazado, corte e conformación 213
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación en centros de traballo 410
Metroloxía e ensaios 123
Montaxe 193
Soldadura en atmosfera protexida 261

Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?
Técnico en Soldadura e Caldeiraría.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.

Relación de centros que ofertan o ciclo no réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario.
Curso 2017-2018.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15004204 IES Calvo Sotelo 981252600
Coruña, A 15024513 CIFP Someso 881880001
Fene 15032081 IES de Fene 981492067
Ferrol 15006754 CIFP Ferrolterra 981333107
Santiago de Compostela 15015767 CIFP Politécnico de Santiago 981522062

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Viveiro 27013636 IES María Sarmiento 982560449

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Bueu 36019463 IES Johan Carballeira 986323270
Salvaterra de Miño 36020337 IES de Salvaterra de Miño 986658238
Valga 36020362 IES de Valga 886151980
Vigo 36011609 CPR Colegio Hogar Afundación 986414311
Vigo 36014568 CIFP Valentín Paz Andrade 986270904
Vila de Cruces 36020386 IES Marco do Camballón 986582251

Relación de centros que ofertan o ciclo no réxime de persoas adultas na modalidade presencial

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial.
Curso 2017-2018.

Relación de centros que ofertan o ciclo en réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia.
Curso 2017-2018.

Relación de centros que ofertan o ciclo na modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual.
Curso 2017-2018.

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Valga 36020362 IES de Valga 886151980




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).