MINA02

 

MINA02 - Aceites de oliva e viños

Familia: Industrias alimentarias
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MINA02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Elaborar e envasar aceites de oliva, viños e outras bebidas de acordo cos plans de produción e calidade, efectuando o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos e aplicando a lexislación de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

 

En que ámbitos se traballa?
Na industria de elaboración e envasamento de aceites de oliva, viños e outras bebidas, en pequenas, medianas ou grandes empresas, con tecnoloxía tradicional ou avanzada. Intégrase en equipos de traballo con outras persoas do mesmo ou de inferior nivel de cualificación, dependendo organicamente dun mando intermedio. En certos casos de pequenas empresas pode ter baixo a súa responsabilidade operarios e depender directamente da persoa responsable de produción.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Bodegueiro/eira, elaborador/ora de viños, cavas, sidra e outras bebidas e derivados. Mestre/a de lagar, extracción e refinamento de aceites de oliva. Recepcionista de materias primas. Operador/ora de sección de embotellamento e/ou envasamento. Auxiliar de laboratorio en lagares e adegas. Auxiliar de control de calidade en lagares e adegas. Comercial de lagares e adegas.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0030 Operacións e control de almacén na industria alimentaria 80 3
MP0031 Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos 53 2
MP0316 Materias primas e produtos na industria oleícola, vinícola e doutras bebidas 346 13
MP0317 Extracción de aceites de oliva 107 4
MP0318 Elaboración de viños 267 10
MP0322 Formación e orientación laboral 107 4
MP0116 Principios de mantemento electromecánico 105 6
MP0146 Venda e comercialización de produtos alimentarios 70 4
MP0319 Acondicionamento de aceites de oliva 105 6
MP0320 Elaboración doutras bebidas e derivados 192 11
MP0321 Análise sensorial 105 6
MP0323 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0324 Formación en centros de traballo 410

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2018-2019.

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ribadavia 32015475 IES O Ribeiro 988788460

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ponteareas 36007552 CIFP A Granxa 886120880




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).