MINA03

 

MINA03 - Elaboración de produtos alimentarios

Ciclo formativo
Familia: Industrias alimentarias
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MINA03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en elaborar e envasar produtos alimentarios de acordo cos plans de produción e calidade, así como efectuar o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos, aplicando a lexislación de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas pequenas, medianas ou grandes, con niveis moi diversos tanto na súa tecnoloxía como na súa organización. Son traballadores e traballadoras por conta allea que se integran nun equipo de traballo con persoas do seu mesmo nivel de cualificación, ou inferior, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de recepción de materias primas e materiais, preparación e manexo de equipamentos de produción, control de operacións de elaboración, envasamento e embalaxe, apoio ao control de calidade, almacenamento e expedición de produtos acabados.En xeral, dependerán organicamente dun mando intermedio, coa excepción de pequenas empresas ou nas que aínda as operacións manuais posúan relevancia, nas que poden exercer funcións de supervisión de operarios e depender, no seu exercicio, directamente da dirección de produción.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Elaborador/ora de produtos alimentarios; operador/ora de máquinas e equipamentos para o tratamento e a elaboración de produtos alimentarios; operador/ora e controlador/ora de liñas de envasamento e embalaxe; recepcionista e almaceneiro/a; subministrador/ora de materias primas e materiais ás liñas de produción; dosificador/ora; supervisor/ora de liña.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0147 Formación e orientación laboral 107 4
MP0141 Materias primas na industria alimentaria 267 10
MP0142 Operacións de acondicionamento de materias primas 213 8
MP0030 Operacións e control de almacén na industria alimentaria 80 3
MP0031 Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos 53 2
MP0143 Tratamentos de transformación e conservación 240 9
MP0148 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0149 Formación en centros de traballo 410
MP0116 Principios de mantemento electromecánico 105 6
MP0144 Procesamento de produtos alimentarios 175 10
MP0145 Procesos tecnolóxicos na industria alimentaria 227 13
MP0146 Venda e comercialización de produtos alimentarios 70 4

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15027897 CIFP Paseo das Pontes 881961030

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vilagarcía de Arousa 36013771 CIFP Fontecarmoa 886151956

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15027897 CIFP Paseo das Pontes 881961030
Ribeira 15014556 CIFP Coroso 881866874

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Lugo 27006516 CIFP Politécnico de Lugo 982220328

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36013448 CIFP Manuel Antonio 886120750




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).