MMAP04

 

MMAP04 - Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións

Ciclo formativo
Familia: Marítimo-pesqueira
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MMAP04
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en operar e manter a planta propulsora e os equipamentos e sistemas do buque, e colaborar na seguridade, na supervivencia e na asistencia sanitaria a bordo, aplicando criterios de calidade e cumprindo os plans de prevención de riscos laborais e ambientais da empresa.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en buques dedicados ao transporte marítimo de carga e pasaxe, ou en buques pesqueiros, de natureza pública ou privada, dentro dos límites e as atribucións que estableza a Administración competente.
Así mesmo, a súa formación permítelles desempeñar funcións por conta allea ou por conta propia en empresas dedicadas ao mantemento de embarcacións e plantas enerxéticas.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Operario de reparación e mantemento de motores e grupos mecánicos; operario de reparación e mantemento de plantas enerxéticas de motor e vapor; xefe de máquinas; oficial de máquinas ou primeiro oficial de máquinas; electromecánico de mantemento e instalación de planta propulsora, máquinas e equipamentos auxiliares de embarcacións deportivas e de recreo; mecánico de motores e equipamentos de inxección (diésel e gasolina); mecánico de motores de gasolina; mecánico de motores diésel; mecánico de motores en maquinaria industrial; mecánico de motores e grupos mecánicos navais en estaleiros; mantedor de aire acondicionado e fluídos en embarcacións deportivas e de recreo; electricista naval; electricista de mantemento e reparación de motores, dínamos e transformadores; operario de instalación e mantemento de sistemas frigoríficos e de aire acondicionado.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1033 Atención sanitaria a bordo 53 2
MP1178 Formación e orientación laboral 107 4
MP0156 Inglés 160 6
MP1172 Mantemento da planta propulsora e maquinaria auxiliar 240 9
MP1175 Mantemento das instalacións e máquinas eléctricas en buques e embarcacións 160 6
MP1173 Procedementos de mecanizado e soldadura en buques e embarcacións 240 9
MP1179 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1180 Formación en centros de traballo 410
MP1176 Instalación e mantemento de maquinaria de frío e climatización en buques e embarcacións 175 10
MP1177 Procedementos de garda de máquinas 70 4
MP1174 Regulación e mantemento de automatismos en buques e embarcacións 175 10
MP1032 Seguridade marítima 157 9

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Culleredo 15005749 CIFP Universidade Laboral 881960820
Ribeira 15027812 ESCO Oficial Náutico-Pesqueira 881866317

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36011804 INSTITUTO Marítimo Pesqueiro do Atlántico 886110825




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).