MQUI02

 

MQUI02 - Operacións de laboratorio

Familia: Química
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MQUI02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar tomas de mostras, ensaios de materiais, análises fisicoquímicas, químicas e biolóxicas, aplicando procedementos normalizados e mantendo operativos os equipamentos e as instalacións de servizos auxiliares, consonte as normas de calidade e prevención de riscos laborais, e de protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas e laboratorios de diversos sectores onde cumpra tomar mostras, realizar ensaios físicos, fisicoquímicos, químicos e microbiolóxicos, e manter operativos os equipamentos e as instalacións auxiliares que se orienten ao control de calidade. Os principais sectores en que pode desenvolver a súa actividade son: industria química, nas áreas de almacén e laboratorio de control de calidade; outras industrias que requiran procesos fisicoquímicos, como son a agroalimentaria, farmacéutica, de construción, metalúrxica, mecánica, electrónica, téxtil, transformadora de plásticos e caucho, etc; laboratorios en xeral, de organismos públicos ou de empresas privadas.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar, operador/ora ou técnico/a de laboratorios de química, industrias químicas, industrias alimentarias, sector ambiental, industria transformadora, in-dustria farmacéutica, materias primas e produto acabado, control e recepción de materias, centros de formación e investigación, control de calidade de ma-teriais, metalurxia e galvanotecnia, ensaios de produtos de fabricación mecánica e microbioloxía alimentaria, ambiental, farmacéutica e de augas; operador/ora de mantemento de servizos auxiliares, equipamento e almacén; mostreador/ora e participante en ensaios de campo.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1249 Química aplicada 240 9
MP1250 Mostraxe e operacións unitarias de laboratorio 213 8
MP1251 Probas fisicoquímicas 187 7
MP1253 Seguridade e organización no laboratorio 133 5
MP1257 Almacenamento e distribución no laboratorio 80 3
MP1258 Formación e orientación laboral 107 4
MP0116 Principios de mantemento electromecánico 105 6
MP1252 Servizos auxiliares no laboratorio 70 4
MP1254 Técnicas básicas de microbioloxía e bioquímica 123 7
MP1255 Operacións de análise química 156 9
MP1256 Ensaios de materiais 123 7
MP1259 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1260 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).