MSEA01

 

MSEA01 - Emerxencias e protección civil

Familia: Seguridade e medio ambiente
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MSEA01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Intervir operativamente, cumprindo coas normas de seguridade, en emerxencias provocadas por sucesos ou catástrofes orixinadas por riscos diversos, en áreas tanto rurais e forestais como urbanas, realizando as actividades de control, mitigación e extinción dos axentes causantes deses sucesos (lume, avenidas de auga, substancias NBQ, etc.), o rescate, o salvamento e a atención como primeiro interveniente das persoas afectadas e a rehabilitación de emerxencia das zonas ou os bens abranguidos, mantendo operativos os vehículos, os equipamentos, as máquinas e as ferramentas de intervención, así como organizar os equipos e as unidades baixo a súa responsabilidade, é contribuír á divulgación e ao cumprimento dos principios e as normas de protección civil, aplicando a normativa vixente.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector de servizos de prevención e extinción de incendios forestais e apoio en continxencias do medio natural e rural e Protección Civil, así como nos servizos públicos estatais, autonómicos e locais de atención de emerxencias e os corpos de bombeiros, desenvolvendo a súa actividade como traballador/a dependente das administracións públicas ou en empresas privadas dedicadas a traballos agroforestais e ambientais, en servizos de bombeiros/as dedicados á prevención de incendios e mantemento, e en sectores industriais dedicados á produción, á distribución, á fabricación e ao almacenamento de produtos e substancias perigosas, podendo exercer accións de colaboración internacional.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Capataz ou encargado/a de extinción de incendios forestais, bombeiro/a forestal, de servizos municipais, provinciais, mancomunados, consorciados, autonómicos ou doutros servizos en entes públicos. Técnico/a en emerxencias das Forzas Armadas. Bombeiro/a de aeroportos ou de empresa privada.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0055 Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia 266 10
MP0058 Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia 53 2
MP1528 Mantemento e comprobación do funcionamento dos medios materiais empregados na prevención de riscos de incendios e emerxencias 133 5
MP1530 Intervención operativa en extinción de incendios urbanos 187 7
MP1532 Intervención operativa en actividades de salvamento e rescate 214 8
MP1535 Formación e orientación laboral 107 4
MP1529 Vixilancia e intervención operativa en incendios forestais 210 12
MP1531 Intervención operativa en sucesos de orixe natural, tecnolóxica e antrópica 193 11
MP1533 Inspección de establecementos, eventos e instalacións para a prevención de incendios e emerxencias 70 4
MP1534 Coordinación de equipos e unidades de emerxencias 104 6
MP1536 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1537 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).