MTMV03

 

MTMV03 - Electromecánica de maquinaria

Familia: Transporte e mantemento de vehículos
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MTMV03
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións nas áreas de mecánica, hidráulica, pneumática, electricidade e electrónica do sector de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

 

Onde se realiza o traballo?
No sector de construción e mantemento de vehículos, nos subsectores de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil: empresas de fabricación de maquinaria agrícola, Empresas de fabricación de maquinaria de industrias extractivas e de edificación e obra civil, empresas de reparación de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, empresas de montaxe e ensamblaxe de sistemas, de equipamentos e apeiros de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, empresas de transformación e adaptación de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, fabricación e distribución de recambios, distribución de equipamentos de diagnose.

 

En que postos de traballo?
Electromecánico/a de maquinaria agrícola, electromecánico/a de máquinas de industrias extractivas, electromecánico/a de máquinas de edificación e obra civil, electromecánico/a axustador/ora de equipamentos de inxección diésel, verificador/ora de maquinaria agrícola e industrial, reparador/ora de sistemas pneumáticos e hidráulicos, reparador/ora de sistemas de transmisión e freos, reparador/ora de sistemas de dirección e suspensión, instalador/ora de accesorios, vendedor/ora distribuidor/ora de recambios e equipamentos de diagnose, operario/a de empresas dedicadas á fabricación de recambios.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos profesionais Horas
Circuítos eléctricos, electrónicos e de confortabilidade 123
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Equipamentos e apeiros 133
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 410
Mecanizado básico 107
Motores 133
Sistemas auxiliares do motor diésel 140
Sistemas de accionamento de equipamentos e apeiros 157
Sistemas de carga e arranque 213
Sistemas de forza e detención 157
Sistemas de suspensión e guía 267

 

Que título se obtén?
Técnico en electromecánica de maquinaria

Observacións:

Corrección de erros: Arquivo

Réxime ordinario

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2017-2018.

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ribadeo 27020793 CIFP Porta da Auga 982128894




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).