S06002

 

S06002 - Xestión comercial e márketing

Familia: Comercio e márketing
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 1400
Código: S06002
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Obter e/ou elaborar a información referida ao mercado, produto, servizo, prezo, distribución e comunicación, xestionar os plans de actuación correspondentes ás compras, loxística e venda de produtos e/ou servizos e supervisar a súa realización de conformidade coas instrucións recibidas e a lexislación vixente.

 

Onde se realiza o traballo?
Investigación comercial, compras, vendas, márketing e loxística comercial.

 

En que postos de traballo?
Axudante do xefe de produto, técnico de compra, técnico de venda, técnico de novas instalacións, "merchandiser", encargado de almacén, axudante do xefe de loxística, coordinador xefe de grupo de representantes, xefe de vendas, técnico de márketing e técnico en traballos de campo de investigación comercial.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Aplicacións informáticas de propósito xeral 110
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 440
Horas á disposición do centro 75
Investigación comercial 80
Lingua estranxeira (inglés) 130
Loxística comercial 130
Márketing no punto de venda 80
Políticas de márketing 110
Proxecto integrado 80
Xestión da compravenda 110

 

Que título se obtén?
Técnico superior en xestión comercial e márketing.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).