S16002

 

S16002 - Mantemento aeromecánico

Familia: Transporte e mantemento de vehículos
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S16002
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Manter a planta de potencia da aeronave, os seus sistemas, os accesorios e elementos de control. Manter operativos os sistemas mecánicos/hidráulicos/pneumáticos da aeronave, os subconxuntos, os compoñentes e os elementos que os constitúen, e manter en líña os sistemas eléctricos e electrónicos. Realizar o mantemento das estruturas e do mobiliario e interiores da aeronave. Participar na xestión do mantemento, colaborando e/ou contemplando partes dunha loxística, decidindo en certos casos sobre as condicións de aeronavegabilidade da aeronave.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector de mantemento de aeronaves, tanto de ala fixa como de ala rotatoria, na área de aeromecánica, desenvolvendo os procesos de execución, e participando na xestión e na loxística do mantemento.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a xefe/a de angar/liña; mecánico/a de liña, de angar ou de taller; inspetor/ora de ensaios non destrutivos.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
CS0337 Constitución e navegación das aeronaves 55 2
CS0343 Hidráulica e pneumática 80 3
CSHC55 Horas á disposición do centro 55 2
CS0344 Lexislación e organización do mantemento 80 3
CS0347 Motor de émbolo, hélice e os seus sistemas 160 6
CS0354 Seguridade no mantemento de aeronaves 55 2
CS0356 Sistemas de aeronave I 185 7
CS0364 Sistemas eléctricos e electrónicos das aeronaves 160 6
CS0365 Técnicas electromecánicas básicas para o mantemento 130 5
CS0FOL Formación e orientación laboral 55 3
CS0341 Formación en centros de traballo 380
CS0345 Materiais e estrutura das aeronaves 130 7
CS0346 Motor de reacción, os seus sistemas e a unidade de potencia auxiliar (APU) 165 9
CS0352 Proxecto integrado 70 4
CS0RCT Relacións no contorno de traballo 55 3
CS0357 Sistemas de aeronave II 185 10




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).