S19002

 

S19002 - Saúde ambiental

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S19002
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar as operacións de inspección necesarias para identificar, controlar, vixiar, avaliar e, de ser o caso, corrixir os factores de risco ambiental para a saúde, desenvolvendo programas de educación e promoción da saúde das persoas na súa interacción co medio ambiente, baixo a supervisión correspondente.

 

En que ámbitos se traballa?
Organización e xestión da unidade de traballo, de prestación do servizo, investigación, docencia e educación sanitaria.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico en saúde ambiental. Técnico en control de augas de consumo. Técnico en contaminación atmosférica. Técnico en xestión de residuos.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
CS0440 Augas de uso e consumo 345 13
CS0445 Contaminación atmosférica, ruídos e radiacións 185 7
CS0FOL Formación e orientación laboral 55 2
CSHC80 Horas á disposición do centro 80 3
CS0481 Organización e xestión da unidade de saúde ambiental 110 4
CS0626 Produtos químicos e vectores de interese na saúde pública 185 7
CS0447 Control e vixilancia da contaminación da alimentación 295 16
CS0453 Educación sanitaria e promoción da saúde 130 7
CS0459 Formación en centros de traballo 380
CS0496 Proxecto integrado 90 5
CS0510 Residuos sólidos e medio construído 145 8




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).