SADG01

 

SADG01 - Administración e finanzas

Familia: Administración e xestión
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SADG01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais,laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando anormativa e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade,nomeadamente no sector de servizos, así como na Administración pública, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial,contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención áclientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas exestionando o arquivo e as comunicacións da empresa. Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou através do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira oulaboral, estudos de proxectos, etc.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Administrativo/a de oficina, administrativo/a comercial, administrativo/a financeiro,administrativo/a contable, administrativo/a de loxística, administrativo/a de banca e de seguros, administrativo/a de recursos humanos, administrativo/a da Administraciónpública, administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías,técnico/a en xestión de cobramentos, responsable de atención á clientela.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0179 Inglés 160 6
MP0647 Xestión da documentación xurídica e empresarial 80 3
MP0648 Recursos humanos e responsabilidade social corporativa 80 3
MP0649 Ofimática e proceso da información 240 9
MP0650 Proceso integral da actividade comercial 133 5
MP0651 Comunicación e atención á clientela 160 6
MP0658 Formación e orientación laboral 107 4
MP0652 Xestión de recursos humanos 105 6
MP0653 Xestión financeira 123 7
MP0654 Contabilidade e fiscalidade 157 9
MP0655 Xestión loxística e comercial 105 6
MP0656 Simulación empresarial 140 8
MP0657 Proxecto de administración e finanzas 26
MP0660 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).