SARG02

 

SARG02 - Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia

Ciclo formativo
Familia: Artes gráficas
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SARG02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Deseñar produtos gráficos, envases e embalaxes, editar publicacións impresas e electrónicas, xestionar e controlar a produción editorial, realizando a publicación e o servizo de atención á clientela, aplicando os protocolos de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais, e asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.

 

En que ámbitos se traballa?
En editoriais, en empresas de publicacións multimedia e de artes gráficas, en empresas de servizos gráficos integrais, de comunicación e de publicidade, así como noutras empresas como as dedicadas ao envasamento e á embalaxe ("packaging") que teñan seccións de deseño estrutural de envases e embalaxes.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Deseñador/ora gráfico/a. Deseñador/ora de publicacións multimedia. Deseñador/ora de envases e embalaxes. Técnico/a en produción editorial. Asistente á edición. Técnico/a en preimpresión. Técnico/a en xestión de produción gráfica. Técnico/a en desenvolvemento e publicación de produtos multimedia. Técnico/a en comercialización de produtos gráficos e multimedia.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1480 Comercialización de produtos gráficos e atención á clientela 80 3
MP1479 Deseño de produtos gráficos 267 10
MP1487 Formación e orientación laboral 107 4
MP1417 Materiais de produción gráfica 133 5
MP1478 Organización dos procesos de preimpresión dixital 373 14
MP1484 Deseño e planificación de proxectos editoriais multimedia 140 8
MP1483 Deseño estrutural de envase e embalaxe 87 5
MP1485 Desenvolvemento e publicación de produtos editoriais multimedia 140 8
MP1488 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1489 Formación en centros de traballo 384
MP1482 Produción editorial 105 6
MP1486 Proxecto de deseño e edición de publicacións impresas e multimedia 26
MP1481 Xestión da produción en procesos de edición 105 6

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ferrol 15021469 CIFP Leixa 881938125




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).