SCOM03

 

SCOM03 - Xestión de vendas e espazos comerciais

Familia: Comercio e márketing
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SCOM03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Xestionar as operacións comerciais de compravenda e distribución de produtos e servizos, e organizar a implantación e a animación de espazos comerciais, segundo criterios de calidade, seguridade e prevención de riscos, aplicando a normativa.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas de calquera sector produtivo e nomeadamente do sector do comercio e o márketing públicos e privados, realizando funcións de planificación, organización e xestión de actividades de compravenda de produtos e servizos, así como de deseño, implantación e xestión de espazos comerciais. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionen a súa empresa realizando actividades de compravenda de produtos e servizos, ou por conta allea, que exerzan a súa actividade no departamento de vendas, comercial ou de márketing, dentro dos subsectores de: Industria, comercio e agricultura, nos departamentos de vendas, comercial ou de márketing; empresas de distribución comercial por xunto e/ou polo miúdo, nos departa-mentos de compras, vendas, deseño e implantación de espazos comerciais, comercial ou de márketing; entidades financeiras e de seguros, nos departamentos de vendas, comercial ou de márketing; empresas intermediarias no comercio como axencias comerciais, empresas de asesoramento comercial e xurídico, etc; empresas importadoras, exportadoras e distribuidoras-comercializadoras; empresas de loxística e transporte; asociacións, institucións, organismos e organizacións non gobernamentais (ONG).

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de vendas; representante comercial; axente comercial; encargado/a de tenda; encargado/a de sección dun comercio; vendedor/ora técnico/a; coordinador/ora de comerciais; supervisor/ora de telemárketing; merchandiser; escaparatista comercial; deseñador/ora de espazos comerciais; responsable de promocións no punto de venda; especialista en implantación de espazos comerciais.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0179 Inglés 160 6
MP0623 Xestión económica e financeira da empresa 187 7
MP0930 Políticas de márketing 187 7
MP0931 Márketing dixital 187 7
MP0933 Formación e orientación laboral 107 4
MP1010 Investigación comercial 132 5
MP0625 Loxística de almacenamento 123 7
MP0626 Loxística de aprovisionamento 105 6
MP0926 Escaparatismo e deseño de espazos comerciaies 105 6
MP0927 Xestión de produtos e promocións no punto de venda 105 6
MP0928 Organización de equipos de vendas 87 5
MP0929 Técnicas de venda e negociación 105 6
MP0932 Proxecto de xestión de vendas e espazos comerciais 26
MP0934 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).