SHOT02

 

SHOT02 - Axencias de viaxes e xestión de eventos

Familia: Hostalaría e turismo
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: SHOT02
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Programar e realizar viaxes combinadas e calquera tipo de eventos, e vender servizos tu-rísticos en axencias de viaxes e a través doutras unidades de distribución, propondo ac-cións para o desenvolvemento dos seus programas de márketing e asegurando a satisfac-ción da clientela.

 

Onde se realiza o traballo?
No sector turístico, no subsector das axencias de viaxes polo miúdo, por xunto e mixtas, así como nas axencias especializadas en recepción e eventos. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan a súa propia axencia de viaxes ou eventos, ou por conta allea que exercen a súa actividade profesional como empregados/as ou xefes/as de oficina ou de departamento, nas áreas funcionais de administración, de reservas, de produto, e de venda de servizos e produtos turísticos e eventos.

 

En que postos de traballo?
Xefe/a de oficina de axencia de viaxes, xefe/a de departamento en axencia de viaxes, axente de viaxes, consultor/ora de viaxes, organizador/ora de eventos, vendedor/ora de servizos de viaxe e viaxes programadas, promotor/ora comercial de viaxes e servizos turís-ticos, empregado/a do departamento de reservas (“booking”).

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos profesionais Horas
Destinos turísticos 213
Estrutura do mercado turístico 133
Formación e orientación laboral 107
Inglés 160
Márketing turístico 160
Recursos turísticos 187
Dirección de entidades de intermediación turística 87
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación en centros de traballo 384
Protocolo e relacións públicas 105
Proxecto de axencias de viaxes e xestión de eventos 26
Segunda lingua estranxeira 157
Venda de servizos turísticos 123
Xestión de produtos turísticos 105

Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?
Técnico superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2017-2018.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15005221 IES Plurilingüe Eusebio da Guarda 981223479
Santiago de Compostela 15015755 IES Plurilingüe Rosalía de Castro 981569650

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32015050 CIFP A Farixa 988236552

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36013448 CIFP Manuel Antonio 886120750

Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2017-2018.

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2017-2018.

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Chantada 27003175 IES Val do Asma 982870236




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).