SHOT05

 

SHOT05 - Dirección de servizos de restauración

Familia: Hostalaría e turismo
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SHOT05
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción e o servizo de alimentos e bebidas en restauración, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, e prevención de riscos laborais e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas de restauración do sector público ou do privado. Neste caso, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección ou a xerencia dun restaurante, ou do superior xerárquico equivalente. Tamén poden desenvolver a súa actividade profesional no ámbito do comercio de viños e outras bebidas, ben na venda directa, ou ben na distribución ou na asesoría.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Director/ora de alimentos e bebidas; supervisor/ora de restauración moderna; "maître"; xefe/a de sala; encargado/a de bar-cafetaría; xefe/a de banquetes; xefe/a de operacións de cátering; "sommelier"; responsable de compra de bebidas; encargado/a de economato e adega.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0179 Inglés 160 6
MP0496 Control do aprovisionamento de materias primas 53 2
MP0501 Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias 80 3
MP0502 Gastronomía e nutrición 53 2
MP0509 Procesos de servizos en bar-cafetaría 240 9
MP0510 Procesos de servizos en restaurante 267 10
MP0514 Formación e orientación laboral 107 4
MP0180 Segunda lingua estranxeira 157 9
MP0503 Xestión administrativa e comercial en restauración 70 4
MP0504 Recursos humanos e dirección de equipos en restauración 53 3
MP0511 Sommelier 157 9
MP0512 Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración 140 8
MP0513 Proxecto de dirección de servizos en restauración 26
MP0515 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0516 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).